Xermán Manuel Torres

Xermán Manuel Torres reflicte no presente libro toda unha serie de asuntos de interese educativo, cultural, deportivo e outros que se xulgan importantes para comprender e poder valorar o labor de Xosé Filgueira Valverde como alcalde de Pontevedra (1959-1968). Para esta investigación manexou e tomou apuntes nos libros de actas dos Plenos do Concello de Pontevedra na etapa de Filgueira Valverde na alcaldía e que se custodian no seu Arquivo Municipal. Dito traballo é unha parte dos materiais que está a utilizar para a confección da súa tese de doutoramento presentada no Departamento de Historia da Educación e Educación Comparada da Facultade de Educación da UNED.
Nesta publicación recóllense tamén opinións e valoracións de persoas relevantes sobre Filgueira Valverde na súa función como alcalde de Pontevedra e analízanse certos documentos históricos referidos a esta etapa. Ofrécese o listado de alcaldes de Pontevedra do tempo histórico da vida de Filgueira Valverde, así como unha bibliografía básica e fontes documentais para afondar no coñecemento do polígrafo pontevedrés, a quen dedicóuselle o Día das Letras Galegas do ano 2015.

 

Descarga el libro en tu Tablet>